Sexo - Xénero (I)

 

 

 A nosa forma de ser mulleres ou homes non vén determinada bioloxicamente, senón influenciada pola cultura e pola sociedade na que vivimos. Cada cultura dota de contido o que é ser unha muller e o que é ser un home. O problema radica en que os contidos dunhas e doutros seguen estando moi marcados polos roles, estereotipos e prexuízos que se apoian nunha diferenza biolóxica para crear unha desigualdade social.


Sexo: conxunto de características biolóxicas que dividan os seres dunha especie en macho e femia. O sexo marca diferenzas.
Xénero: Características sociais e culturais propias de cada sexo. É unha construción cultural do sexo que se clasifica en dúa categorías: feminino e masculino. O xénero crea desigualdades.

Cando nacemos, a cada persoa se nos identifica cun sexo biolóxico determinado, femia ou macho; porén, cada sociedade e cada época histórica dotan a cada un dos sexos de aspectos sociais e culturais que coñecemos co nome de "xénero".
Así, o  sistema "sexo-xénero" serve para diferencias ambos termos: o biolóxico (o sexo) do cultural (o xénero).

O xénero é unha construción social e cultural que vai cambiando en función de cada cultura e de cada momento histórico, pero que se basea en dúas características esenciais:
1- A desigualdade entre un xénero e outro
2- A supremacía dun xénero (o masculino) sobre o outro (o feminino).

O xénero constrúese por oposición, é dicir, as mulleres son todo aquilo que non son os homes e os homes son todo aquilo que non son as mulleres; ou sexa, bixo un pensamento dualista da realidade. Así, mentres o sexo marca diferenzas, o xénero crea desigualdades. Por iso debemos desbotar as frases como "as mulleres son..." / "os homes son..." porque detrás delas hai opinións construídas social e culturalmente. Esta dualide reflícese así:
HOME                                MULLER
Cultura                             Natureza
Público                             Privado
Produción                        Reprodución
Razón                               Emoción

Pero este dualismo non é simétrico, posto que un dos lados é máis valorado có outro. O relacionado coa masculinidade configúrase como máis importante. Ou sexa, o sistema sexo-xénero non só é dual, senón tamén xerárquico.




Evidentemente, mulleres e homes somos diferentes, pero estas diferenzas non fan que ninguén sexa superior.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

No pregunten a Darwin: tres teorías sobre el origen del machismo

Iceberg da violencia