Sexo - Xénero
A nosa forma de ser mulleres ou homes non vén determinada bioloxicamente, senón influenciada pola cultura e pola sociedade na que vivimos. Cada cultura dota de contido o que é ser unha muller e o que é ser un home. O problema radica en que os contidos dunhas e doutros seguen estando moi marcados polos roles, estereotipos e prexuízos que se apoian nunha diferenza biolóxica para crear unha desigualdade social.
Sexo: conxunto de características biolóxicas que dividan os seres dunha especie en macho e femia. O sexo marca diferenzas.
Xénero:
Características sociais e culturais propias de cada sexo. É unha
construción cultural do sexo que se clasifica en dúa categorías:
feminino e masculino. O xénero crea desigualdades.
Cando nacemos, a cada persoa se nos
identifica cun sexo biolóxico determinado, femia ou macho; porén, cada
sociedade e cada época histórica dotan a cada un dos sexos de aspectos
sociais e culturais que coñecemos co nome de "xénero".
Así, o sistema "sexo-xénero" serve para diferencias ambos termos: o biolóxico (o sexo) do cultural (o xénero).
O xénero é unha construción social e
cultural que vai cambiando en función de cada cultura e de cada momento
histórico, pero que se basea en dúas características esenciais:
1- A desigualdade entre un xénero e outro
2- A supremacía dun xénero (o masculino) sobre o outro (o feminino).
O xénero constrúese por oposición, é
dicir, as mulleres son todo aquilo que non son os homes e os homes son
todo aquilo que non son as mulleres; ou sexa, bixo un pensamento dualista da realidade. Así, mentres o sexo marca
diferenzas, o xénero crea desigualdades. Por iso debemos desbotar
as frases como "as mulleres son..." / "os homes son..." porque detrás
delas hai opinións construídas social e culturalmente. Esta dualide reflícese así:
HOME MULLER
Cultura Natureza
Público Privado
Produción Reprodución
Razón Emoción
Pero este dualismo non é simétrico, posto que un dos lados é máis valorado có outro. O relacionado coa masculinidade configúrase como máis importante. Ou sexa, o sistema sexo-xénero non só é dual, senón tamén xerárquico.
Evidentemente, mulleres e homes somos diferentes, pero estas diferenzas non fan que ninguén sexa superior.
Comentarios
Publicar un comentario