Benvidxs!!!

 


Comezamos. Un novo curso e unha nova materia, pero imos falar de algo moi vello, moi instaurado, e mesmo agochado. Imos falar de patriarcado. Imos falar de machismo. E de feminismo. E de violencia de xénero. E de mulleres importantes que a Historia ocultou... Imos formar un grupo de loita no IES Laxeiro contra toda clase de machismo. Sodes mozos e mozas que TRAFEGAN POLA IGUALDADE.


Temos que ter en conta que moitas veces o machismo é moi sutil, tanto que máis ca nunca xustifica a existencia do feminismo. Este non loita por tirar ningún privilexio aos homes senón que procura que as mulleres teñan eses mesmos privilexios e oportunidades.
Debemos ter claro que o machismo fai dano, tanto a homes como a mulleres. Como por exemplo, o de cumprir determinados roles sociais: o home como "sustento" da familia, con traballo de éxito, con salario mellor có da muller; o home que non pode chorar nin amosar sentimentos, o home que se converte nunha "nenaza", o home que consente ou realiza barbaridades porque o fan os demais, o home que ten que amar o fútbol si ou si... Estes exemplos e moitos outros que fan dano ao home son produto do patriarcado. E contra isto queremos loitar.


QUE É A IGUALDADE DE XÉNERO?
 
“A igualdade de xénero é un principio constitucional que estipula que homes e mulleres son iguais ante a lei”, o que significa que todas as persoas, sen distinción ningunha teñen os mesmos dereitos e deberes fronte ao Estado e á sociedade no seu conxunto.

Para que a igualdade sexa posible requírese implementar novas políticas públicas, cambiar as existentes introducindo criterios de equidade que equilibren as desigualdades entre mulleres e homes. É importante lembrar que non chega coa acción gubernamental. Debemos traballar arreo.

Diferenzas entre sexo e xénero:
O concepto sexo refírese ás diferenzas determinadas bioloxicamente entre homes e mulleres que son universais.
O concepto de xénero refírese ás diferenzas entre homes e mulleres determinadas social e culturalmente que son variables no tempo e que teñen un gran potencial de cambio dentro do mesmo país e entre distintos países.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

No pregunten a Darwin: tres teorías sobre el origen del machismo

Iceberg da violencia