O máis grande

Traio a reflexión de Goretti Sanmartín Rei sobre esta última campaña da Xunta:

Pois síntoo ben, porque me gustaría dicir o contrario, mais non me convence nada nada nada o lema escollido pola Xunta para este 25 de novembro: "O máis grande de Galicia, as mulleres, non se maltrata". Non vexo para que serve esa innecesaria falsa sublimación (tipo "as mulleres primeiro"...) nin se corresponde logo coas politicas que se desenvolven e cos orzamentos que se destinan para combater a violencia (nin tan sequera o compromiso do 1% ).
Por outra parte, ese "non se maltrata", nunha distante terceira persoa e case con certa cousificación, aínda que poida parecer paradoxal. Rexeitamos o maltrato por ser contra as mulleres polo simple feito de sermos mulleres, non por sermos "o máis grande", que tamén engancha coa idea de termos que ser as mellores en todo para obter un mínimo recoñecemento.
Non queremos ser o máis grande. Querenos ter dereitos. Queremos ser cidadás de primeira, non sufrir discriminacións laborais, económicas, nin padecer acosos e abusos sexuais. Non queremos que nos sometan a estereotipos e que nos impoñan maneiras de ser, de estar, de vestir, de vivir. Queremos vivir vidas dignas e que as administracións e a xustiza protexan a nosa integridade. Queremos que a igualdade sexa unha prioridade política e que iso se traduza en políticas transversais que se apliquen no ensino (para cando a coeducación real?), na sanidade, na xustiza, no mundo do traballo, nas artes, no deporte, no ámbito político, nunha mudanza dos horarios de participación social que nunca chega...
Como ben dixo Ana Romaní: "Non queremos un espazo" (nin sequera o máis grande soluciona nada), "queremos outro lugar".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

No pregunten a Darwin: tres teorías sobre el origen del machismo

Iceberg da violencia