Sexo - Xénero (III)


O proceso de socialización

A socialización de xénero é un proceso que nos acompaña dende antes de nacer e durante toda a nosa vida. Cada sociedade e cada época impoñen un modelo de socialización diferente, pero cun factor común: as mulleres e os homes socialízanse na desigualdade e desde a desigualdade. Así, as mulleres e os homes adquiren unha identidade diferenciada e desigual de xénero, o que conleva actitudes, códigos e normas de conduta diferentes asignados a cada xénero: imos aprendendo espazos destinados a mulleres e homes, roles que teñen que desenvolver as persoas en función do sexo, expectativas que deben cumprir unhas e outros... Pero, ollo!, non temos por que asumilo como algo inevitable, posto que temos a capacidade para cuestionar aquilo que vén imposto socialmente.

Costumes, xoguetes, contos... axudan a perpetuar a diferenza de xénero. Os xoguetes son escollidos incluso pola cor cando se lles chama "unisex" (bicis, puzles...) ou segundo se son de acción ou de coidado das persoas. Os contos clásicos tenden a fomentar a aprendizaxe de roles e estereotipos sexistas: elas son princesas febles que agardan un mozo salvador; eles son guerreiros que viven aventuras arriscadas ata salvalas.

Os axentes de socialización son: a familia, a escola, o grupo de iguais, os medios de comunicación.

Para debater:
Cando vemos unha muller embarazada, preguntamos o sexo? Mercámoslle roupa de cor diferente segundo a resposta? Póñenlle pendentes se é nena?
Credes que os xoguetes inflúen nas habilidades que adquirimos na nosa infancia?

Para facer:
- Un grupo irá ás tendes de xoguetes de Lalín para analizar se hai seccións e/ou xoguetes para nenas e para nenos. Pedide á dependenta axuda para mercar "para unha nena" ou "para un neno" e comprobade a resposta.
- En parellas, analizade cales axentes de socialización teñen influído máis en vós en función do xénero.
- Anotade situacións de desigualdade que vexades no centro.
- Procurade personaxes femininos en películas, libros, series, debuxos... que non encaixen nos roles e estereotipos sexistas de xénero. Pensade por que credes que están sendo transgresoras.

Lede esta nova e comentádea:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

No pregunten a Darwin: tres teorías sobre el origen del machismo

Iceberg da violencia