Sexo - Xénero (II)

 




O sistema sexo - xénero estáblece na sociedade a través de ROLES e ESTEREOTIPOS.
ROL: conxunto de tarefas e de funcións asignadas ás persoas dependendo de se son mulleres ou homes.
ESTEREOTIPO: crenzas preconcibidas sobre o apropiado ou o inapropiado para cada un dos xéneros.

O roles tradicionalmente femininos sempre estiveron marcados polas funcións reprodutivas e de coidado (ámbito privado) mentres que os roles masculinos relaciónanse co mantemento económico da familia (ámbito público)
Unha sociedade igualitaria sería aquela liberada de condicionamentos de xénero, onde mulleres e homes realizasen as mesmas tarefas e as mesmas responsabilidades. A concepción estereotipada dos xéneros é discriminatoria tanto para homes como para mulleres.

Anotade no caderno quen se encarga de realizar nas vosas casas cada unha das funcións indicadas (nai, pai, avó, avoa, ninguén, eu...):
- Facer a compra
- Axudar cos deberes dos fillos e fillas
- Facer os recados cotiás
- Limpar o baño
- Estar pendentes dos medicamentos de cadaquén
- Pasar o ferro
- Lavar o coche
- Tender a roupa
- Colgar un cadro
- Levar o coche ao mecánico
- Levarnos ao médico
- Sacar o lixo
- Colocar a compra
- Facer a comida
- Decorar a casa
- Montar un moble
- Regar as plantas
- Fregar os cacharros
- Limpar o po
- Consultar as redes sociais
- Pasar a aspiradora
- Limpar os cristais
 

O proceso de socialización

A socialización de xénero é un proceso que nos acompaña dende antes de nacer e durante toda a nosa vida. Cada sociedade e cada época impoñen un modelo de socialización diferente, pero cun factor común: as mulleres e os homes socialízanse na desigualdade e desde a desigualdade. Así, as mulleres e os homes adquiren unha identidade diferenciada e desigual de xénero, o que conleva actitudes, códigos e normas de conduta diferentes asignados a cada xénero: imos aprendendo espazos destinados a mulleres e homes, roles que teñen que desenvolver as persoas en función do sexo, expectativas que deben cumprir unhas e outros... Pero, ollo!, non temos por que asumilo como algo inevitable, posto que temos a capacidade para cuestionar aquilo que vén imposto socialmente.

Costumes, xoguetes, contos... axudan a perpetuar a diferenza de xénero. Os xoguetes son escollidos incluso pola cor cando se lles chama "unisex" (bicis, puzles...) ou segundo se son de acción ou de coidado das persoas. Os contos clásicos tenden a fomentar a aprendizaxe de roles e estereotipos sexistas: elas son princesas febles que agardan un mozo salvador; eles son guerreiros que viven aventuras arriscadas ata salvalas.

Os axentes de socialización son: a familia, a escola, o grupo de iguais, os medios de comunicación.

Para debater:
Cando vemos unha muller embarazada, preguntamos o sexo? Mercámoslle roupa de cor diferente segundo a resposta? Póñenlle pendentes se é nena?
Credes que os xoguetes inflúen nas habilidades que adquirimos na nosa infancia?

Para facer:
- Un grupo irá ás tendes de xoguetes de Lalín para analizar se hai seccións e/ou xoguetes para nenas e para nenos. Pedide á dependenta axuda para mercar "para unha nena" ou "para un neno" e comprobade a resposta.
- En parellas, analizade cales axentes de socialización teñen influído máis en vós en función do xénero.
- Anotade situacións de desigualdade que vexades no centro.
- Procurade personaxes femininos en películas, libros, series, debuxos... que non encaixen nos roles e estereotipos sexistas de xénero. Pensade por que credes que están sendo transgresoras.

Lede esta nova e comentádea:
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

No pregunten a Darwin: tres teorías sobre el origen del machismo

Iceberg da violencia