Anne with an E (2017-2020)




Anne Shirley é unha valente, culta e apaixonada moza orfa que, logo de pasar por varios fogares e polo orfanato, aos 13 anos atopa unha familia en Avonlea, a onde marcha para vivir con dous irmáns:  Marilla y Matthew Cuthbert. Este encontro non está exento de conflitos debido ás distintas personalidades e espectativas de todos eles. Coa súa enerxía e ímpeto, Anne cambia a vida da familia e introduce novos retos na vida da veciñanza en relación coa inclusión, a tolerancia, a igualdade e a solidariedade.

Dun xeito marabilloso, romántico e preciosista conta as aventuras e as vivencias de Anne para encaixar nunha sociedade rural na que perduran moitos prexuízos. Así e todo, tamén se ven elementos de cambio e situacións nas que se ven os avances cara a unha sociedade máis xusto.




Canadá. 45 min. Serie. 3 tempadas (total: 27 capítulos). Drama. A serie inspírase na obra "Ana de las Tejas Verdes". Cancelouse ao cabo da 3ª tempada.
Para + 13 anos.
Pódese ver en Netflix.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

No pregunten a Darwin: tres teorías sobre el origen del machismo

Iceberg da violencia