Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Big Little Lies (2017-)

Imaxe
Unha escura e misteriosa historia sobre tres nais (Madeline, Celeste e Jane) do norte de California cuxas vidas, aparentemente perfectas, se ven sorprendidas por un asasinato durante un evento para recadar fondos da escola. Celeste é unha muller cunha vida familiar perfecta e un esposo exemplar; con todo, loitará por conseguir algo que lle quita o sono todas as noites. Madeline é unha nai atrevida e divertida, pero terá que aturar que o seu exmarido e su actual muller vivan na mesma cidade ca ela. Pola súa banda, Jane é unha nai solteira, e a súa chegada á nova cidade non será todo o pracenteira que puidese imaxinar. Unha serie desafiante que conta como a irmandade entre mulleres axuda a afrontar os problemas e as violencias da vida cotiá. EUA. 60 min. Serie. 2 tempadas. Drama. Para + 18 anos. Pódese ver en HBO.

Anne with an E (2017-2020)

Imaxe
Anne Shirley é unha valente, culta e apaixonada moza orfa que, logo de pasar por varios fogares e polo orfanato, aos 13 anos atopa unha familia en Avonlea, a onde marcha para vivir con dous irmáns:  Marilla y Matthew Cuthbert. Este encontro non está exento de conflitos debido ás distintas personalidades e espectativas de todos eles. Coa súa enerxía e ímpeto, Anne cambia a vida da familia e introduce novos retos na vida da veciñanza en relación coa inclusión, a tolerancia, a igualdade e a solidariedade. Dun xeito marabilloso, romántico e preciosista conta as aventuras e as vivencias de Anne para encaixar nunha sociedade rural na que perduran moitos prexuízos. Así e todo, tamén se ven elementos de cambio e situacións nas que se ven os avances cara a unha sociedade máis xusto. Canadá. 45 min. Serie. 3 tempadas (total: 27 capítulos). Drama. A serie inspírase na obra "Ana de las Tejas Verdes". Cancelouse ao cabo da 3ª tempada. Para + 13 anos. Pódese ver en Netfl

Je suis ordinaire (2017)

Imaxe
Unha parella ten un encontro sexual no contexto de parella estable, que remata en violencia sexual. Unha curtametraxe moi dura, con violencia sexual explícita, para denunciar a violación na parella, que se recoñece como tabú e moi frecuente, de aí o título da curta ("Son unha máis"). Francia. 2 min. Curtametraxe. Drama. Baseado en feitos reais. Para + 18 anos. Pódese ver en liña en Vimeo .