Test de Bechdel

Que é? Unha sinxela proba que mide a presenza da muller respecto á do home nos produtos culturais (especialmente na industria do cinema) Pode datarse no ano 1985, nunha tira cómica da debuxante Alison Bechdel, na que dúas mulleres se dispoñen a entrar ao cine cando unha delas comenta que só ve películas que cumpran 3 requisitos:
- Que inclúan polo menos dúas personaxes femininas (e que teñan importancia dentro do argumento)
- Que as personaxes femininas compartan escena e falen entre si
- Que a conversa que teñan entre elas non trate sobre homes
Xustamente, eses son os requisitos para que as películas pasen dito test. Non nos atrevemos a afirmar que só polo feito de non pasar este test se poida tildar a unha película de ser machista (é máis, pode superar o test e ser misóxina e ao revés, non pasalo e ser feminista) pero si ben é certo que é un indicador da pouca visibilidade da muller neste ámbito.


Selección de películas que superan o test:
https://www.filmin.es/coleccion/test-de-bechdel?page=4 

Películas feministas:
https://mundocinefilo.com/las-20-mejores-peliculas-feministas-todos-los-tiempos/




Comentarios

Publicacións populares deste blog

No pregunten a Darwin: tres teorías sobre el origen del machismo

Iceberg da violencia