Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

Non esquezamos

Imaxe

“Encuentra el Verdadero Amor”

Imaxe
A serie de cinco curtas “Encuentra el Verdadero Amor”, dirixidas e producidas pola Asociación de Mujeres Cineastas e de Medios Audiovisuales (CIMA) permite traballar diferentes ámbitos relacionados coa violencia de xénero na adolescencia a través de cinco historias protagonizadas por xente nova. Teñen como obxectivo ensinar e detectar os primeiros sinais do maltrato na adolescencia e informar de que facer ante unha situación de maltrato. Visto en Tribuna Feminista Guía

Culpas

Imaxe
A fotografía non está trucada. Pero a mensaxe que comporta debe quedarnos ben clara: nunca é culpa das mulleres, nin da roupa que visten, sufrir violencia e agresións sexuais. Lembrade: NUNCA

Comando VDG

Imaxe
 V isto en Tribuna Feminista : A curta sobre violencia xuvenil de xénero “Comando VDG” dirixido por Ana Rosa Diego e Mercedes M. del Río, producido por Páginas Violeta , obtivo o Premio na modalidade de ficción no “Certamen Internacional de Cortometrajes por la Igualdad”, XI Edición, que outorga o Instituto Valenciano de Cultura da Consejería de Educación, Cultura e Deporte da Generalitat Valenciana.

‘Upskirting’, acoso sexual baixo a saia

Imaxe
Esta moza faise un selfie con cada home que a acosa pola rúa ,  é a face da vella e máis rancia masculinidade, a daqules homes que piropena polas rúas sen vergoña. Ela sempre con cara seria, eles celebran a conquista, pensando que lle gustan os piropos. “Este Instagram tiene como objetivo crear conciencia sobre la cosificación de las mujeres en la vida cotidiana. Puesto que muchas personas todavía no saben con qué frecuencia y en qué contexto se nos silba, estaré mostrándolo en el periodo de un mes”. E continúa: “ Haciendo el selfie, quien cosifica se une en una misma composición con el objeto cosificado. Yo, como objeto, de pie frente a ellos, escenifico una relación de poder invertido”.

O Test Bechdel

Imaxe

Fábulas feministas

Imaxe
Fábulas feministas de Suniti Namjoshi  CAMBIANDO O CONTO: Una habitación privada La quinta vez, las cosas fueron distintas. Le dio sus instrucciones, le entregó las llaves (incluida la pequeña) y se marchó solo cabalgando. Volvió a aparecer exactamente cuatro semanas más tarde. La casa estaba limpia, los suelos encerados y la puerta de la habitación pequeña no había sido abierta. Barbazul estaba asombrado.   —Pero, ¿no sentías curiosidad? —le preguntó a su esposa.   —No —respondió ella.   —Pero, ¿no deseabas descubrir mis secretos más íntimos?   —¿Por qué? —le replicó la mujer.   —Bueno —dijo Barbazul—, es lo normal. ¿No deseabas saber quién era yo en realidad?   —Eres Barbazul y mi esposo.   —Pero el contenido de la habitación… ¿No deseabas ver lo que hay en el interior de esa habitación?   —No —dijo la criatura—, creo que tienes el derecho de poseer una habitación privada. Aquello lo irritó de tal manera que la mató en aquel mismo instante. En el juicio al

Identidade de xénero

Imaxe
Nenos e nenas de 9 anos de diferentes lugares do mundo contan en que afecta o seu xénero ás súas vidas. Con tempo, tedes este documental de National Geographic:

Sexo - Xénero (III)

Imaxe
O proceso de socialización A socialización de xénero é un proceso que nos acompaña dende antes de nacer e durante toda a nosa vida. Cada sociedade e cada época impoñen un modelo de socialización diferente, pero cun factor común: as mulleres e os homes socialízanse na desigualdade e desde a desigualdade. Así, as mulleres e os homes adquiren unha identidade diferenciada e desigual de xénero, o que conleva actitudes, códigos e normas de conduta diferentes asignados a cada xénero: imos aprendendo espazos destinados a mulleres e homes, roles que teñen que desenvolver as persoas en función do sexo, expectativas que deben cumprir unhas e outros... Pero, ollo!, non temos por que asumilo como algo inevitable, posto que temos a capacidade para cuestionar aquilo que vén imposto socialmente. Costumes, xoguetes, contos... axudan a perpetuar a diferenza de xénero. Os xoguetes son escollidos incluso pola cor cando se lles chama "unisex" (bicis, puzles...) ou segundo se son de acc

Sexo - Xénero (II)

Imaxe
O sistema sexo - xénero estáblece na sociedade a través de ROLES e ESTEREOTIPOS. ROL: conxunto de tarefas e de funcións asignadas ás persoas dependendo de se son mulleres ou homes. ESTEREOTIPO: crenzas preconcibidas sobre o apropiado ou o inapropiado para cada un dos xéneros. O roles tradicionalmente femininos sempre estiveron marcados polas funcións reprodutivas e de coidado (ámbito privado) mentres que os roles masculinos relaciónanse co mantemento económico da familia (ámbito público) Unha sociedade igualitaria sería aquela liberada de condicionamentos de xénero, onde mulleres e homes realizasen as mesmas tarefas e as mesmas responsabilidades. A concepción estereotipada dos xéneros é discriminatoria tanto para homes como para mulleres. Anotade no caderno quen se encarga de realizar nas vosas casas cada unha das funcións indicadas (nai, pai, avó, avoa, ninguén, eu...): - Facer a compra - Axudar cos deberes dos fillos e fillas - Facer os recados cotiás - Limpar

Escolla

Imaxe
O Dereito a elixir. Na Diversidade está a Igualdade