Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2017

Ollo!

Imaxe

"Tú eres la flor de tu vida"

Imaxe
Prevención contra a violencia de xénero no IES María Pérez Trujillo.

Copa menstrual

Imaxe
Información de interese:

Trafegando ronseis contra a violencia de xénero

Aquí están os vídeos que os autores do blogue realizaron durante estes anos cada 25 de novembro. .- 2017 .- 2016 .- 2015 .- 2014 .- 2013 .- 2012 .- 2011 .- 2010 .- 2009 .- 2008 .- 2007

Nunca de súpeto

Imaxe
Campaña contra o maltrato dirixido á xente nova: “Corta a tempo. O maltrato non chega de súpeto”. O obxectivo é sensibilizar nesta franxa de idade, xa que a detección precoz dos primeiros sinais da violencia de xénero é esencial para previla e para evitar que se agraven determinadas condutas de control, de falta de respecto, de illamento, de humillación ou de agresión. Estas condutas son moi sutís na adolescencia e a súa normalización pode levar á xustificación ou aceptación de relacións nocivas.

Las muñecas son para las niñas

Imaxe
  L as muñecas son para las niñas de Ludovic Flamant e Jean-Luc Englebert , publicado por Tramuntana , é un deses álbums imprescindibles cando falamos de igualdade. O título indícanos subrepticiamente de que vai, porque a onde quere chegar é a todo o contrario: o libro fala dos prexuízos que existen na sociedade, aquí identificados sobre todo co pai, aínda que tamén coa nai, sobre cales son os xoguetes que deben ter os nenos e cales non; por suposto, unha moneca non é para un neno, e sobrevoa esta denuncia no álbum. Un álbum que está contado polo irmán maior, o que lle aporta asemade un toque de orixinalidade. Así que é un álbum ideal para educar en igualdade, para reflexionar sobre o triste feito de que entrar nunha xoguetería é entrar de cheo no mundo sexista que aínda está vixente. Ao seu carón, poderiamos falar doutros temas como as tarefas domésticas e as contradicións dos maiores.

Sexo - Xénero

Imaxe
A nosa forma de ser mulleres ou homes non vén determinada bioloxicamente, senón influenciada pola cultura e pola sociedade na que vivimos. Cada cultura dota de contido o que é ser unha muller e o que é ser un home. O problema radica en que os contidos dunhas e doutros seguen estando moi marcados polos roles, estereotipos e prexuízos que se apoian nunha diferenza biolóxica para crear unha desigualdade social. Sexo: conxunto de características biolóxicas que dividan os seres dunha especie en macho e femia. O sexo marca diferenzas. Xénero : Características sociais e culturais propias de cada sexo. É unha construción cultural do sexo que se clasifica en dúa categorías: feminino e masculino. O xénero crea desigualdades. Cando nacemos, a cada persoa se nos identifica cun sexo biolóxico determinado, femia ou macho; porén, cada sociedade e cada época histórica dotan a cada un dos sexos de aspectos sociais e culturais que coñecemos co nome de "xénero". Así, o 

Páxinas de interese

Conigualdad.org Ministerio de Sanidad Tribuna Feminista El diario.es: Barbijaputa Mujeres en Red  Mujer del Mediterráneo  Mujeres en la Historia Algúns blogues: Proyecto Kahlo . Parece amor pero no lo es . El blog de Coral Herrera . Faktoría Lila . Feminista Ilustrada . Locas del Coño . El demonio blanco de la tetera verde . Pink Nopal Collective . Mujeres con ciencia En Facebook: Tribuna Feminista Docugenero Plataforma Anti Patriarcado Pilar Aguilar Carrasco Mujeres con ciencia Lyceum Club Femenino La revolución será feminista o no será No es nada personal Mujeres salvando el mundo Gafas moradas Mujeres juezas Estudios de género en América Latina Simplemente ellas Cortometrajes por la Igualdad En Twitter: Comando Igualdade @ TFeminista_ (Tribuna Feminista) @ Locarconio (Locas del coño) @ micromachismos @ RosaCoboBedia (Rosa Cobo Bedia) @ KikaFumero ‏( Kika Fumero)

Presentación

Imaxe
Comezamos. Un novo curso e unha nova materia, pero imos falar de algo moi vello, moi instaurado, e mesmo agochado. Imos falar de patriarcado. Imos falar de machismo. E de feminismo. E de violencia de xénero. E de mulleres importantes que a Historia ocultou... Imos formar un grupo de loita no IES Laxeiro contra toda clase de machismo. Sodes mozos e mozas que TRAFEGAN POLA IGUALDADE. Temos que ter en conta que moitas veces o machismo é moi sutil, tanto que máis ca nunca xustifica a existencia do feminismo. Este non loito por tirar ningún privilexio aos homes senón que procura que as mulleres teñan eses mesmos privilexios e oportunidades. Debemos ter claro que o machismo fai dano, tanto a homes como a mulleres. Como por exemplo, o de cumprir determinados roles sociais: o home como "sustento" da familia, con traballo de éxito, con salario mellor có da muller; o home que non pode chorar nin amosar sentimentos, o home que se converte nunha "nenaza" por calquera mo