Creedme (2019)




Marie é unha adolescente que foi acusada de poñer unha denuncia falsa de violación. Dúas detectives implicanse en resolver o seu caso.

Trátase dunha dura historia na que se pode ver distintas reaccións de afrontamento da violencia sexual. Ponse o foco na vivencia dunha moza especialmente vulnerable. O tratamento do seu caso vai poñendo enriba da mesa todos os problemas que dificultan que se faga xustiza no seu caso. Pódese traballar treitos concretos ou recomendar a serie completa para alumnado de bacharelato. Non se fai un uso morboso da violencia, que se expresa a través de flashes co fin de amosar como a viven as vítimas.


EUA. Serie de 8 capítulos. 50 min. Miniserie. Intriga. Policial. Drama. Baseado en feitos reais.
Para + 16 anos.
Pódese ver en Netflix.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Iceberg da violencia